Centro de Documentación da AELG
Poemas inéditos (textos íntegros) - Anxo na terra, santo no ceo
Arias Saavedra, Ana

IN MEMORIAM

ANTONIO GANDOI ''CURA DA BICICLETA''
 5-4-06


Xa se cumpriron cabodanos,
do seu Sagrado advento,
cabo de Deus e dos santos,
de María que nun contento,
apreixouno nos seus Brazos,

Tan preto do seu advento,
Xesús lle deu a benvida,
nun sumo Sacro contento,
por deixa-la terra florida,
de magnos eximios feitos,

Vellas e novas vidas,
en todo ser imperfecto,
por mor da imperfecta vida,
causando cos seus efectos,
sexa en sumo malvivida,

Malviviu Antonio Gandoi ,
a prol de que outros vivisen,
vero anxo para eles foi,
coa vasca de que fulxisen,
reverberando halos despois,

Coma Santo no ceo fica,
dende o  ceo  segue  abeirando,
a todo ser que lle adica,
uns salaios malpocados,
e en benfadados se vistan,