Centro de Documentación da AELG
Poemas inéditos (textos íntegros) - Abur sen pena
Arias Saavedra, Ana

Satisfeita de si mesma,
sen ren dela se rever,
a bolboreta cavila,
sen malpocada se senter,

Matina resignadiña,
aseitando axeonllada,
canta moi polo baixiño,
á vida dela relada,

Cántalle con agarimo,
no arrecendo das flores,
co chirlomirlo da auga,
no ar , ornado de amores,

Cántalle ela aledada,
ós anceios devalados,
na sosegade lle canta,
ós intres amortuxados,

¡Fun vermiño pequeno,
rebuldeiro vermiño,
nos meus feitos perenos,
era doce e manseliño!.

¡Ai que anceios belidos!,
¡que fermosas arelas,!
¡ai dos áureos feitos idos
trasbaiados nas estrelas,!

¡Esta miña nova era,
forxada na beldade,
érame moi pracenteira,
enfeite en felicidade!.

¡Ai que anceios belidos,!
¡ai que vascas tan veras!,
¡amoreados suspiros,
borralleira nas estrelas!.

¡Coido sen trabucarme,
estame a chega-.lo intre,
nen alada nen verme,
nen argueiro que avisten!,

¡Ai que anceios belidos,!
¡moi degoxados ó vento!,
esfaragullados feitios
ás estrelas de ornamento!,

¡Quizabes de min  se lembren,
os xardis nos que axexei,
brizos que ben sosteñen,
dos que deles ben deitei!,

¡Para disfrutar da estada,
desa face moi fulxida,
da estación recendada,
enxebremente florida!.

¡Ai  que anceios belidos,!
¡soarego esfarelado,!
¡na sombra do meu intre alxido,
a alancadas taimado!.

¡Son as regras da vida,
dolosa vida suíña,
xerándome tan belida,
logo moi bela prosiña!,

¡Ai que anceios belidos,!
¡na dozura cobizados!,
¡ai que artellos queridos!,
¡coas estrelas devalados!,

¡Quixese vivir por sempre!,
¡tal como agora vivo!,
¡mais , ireime para sempre!,
¡ó inexorable olvido!,

¡Ai que anceios belidos!,
¡escínteleando nas tebras,!
¡ai desa quenda fulxindo!,
¡en poeira coas estrelas!,

¡Abur flores dos prados,!
¡praias, máres e resíos!,
¡abur bramosos talos,!
¡abur vós entalecidos!,

¡Abur tépedas lufadas!,
¡abur a vos paxariños!,
¡abur herba mirrada!,
¡miradas de meniños!,

¡Abur! natureza abur,!
¡Abur! sen darche grazas!,
¡tan só che digo ¡abur!,
á túa renarte graza!,

¡Ó regalarme nacenza!,
¡para vivi-la de présa!,
¡na esencia da pureza!,
¡a ser dela unha presa!,

¡Mais valese fenecer,
sendo verde vermiño,
sen esta vida coñecer,
dela ,os seus aloumiños!,

¡Ai que anceios belidos,!
¡momentos coruscados!,
¡tan ditosos vividos,
coas lufadas mesturados!,

¡Son regras túas natura!,
¡ordes, á elas nos ater!,
¡mais sendo ti tan pura!,
¿por que me tes que rexer ?,

¿Por que me negas a flama,
de vivi-la liberdade?,
¡nesta fragante brama!,
¡relouco de hilaridade!,

¡Devalo sen eu entender,!
¡este teu modo de ser!,
¡de me xerar para xacer!,
¡tan pronto alada me ver!,

¡Nesta estada pequeniña!,
¡fermosa arrecendosa!,
¡nesta estada crida miña!,
¡na aura miña amorosa!,

¡Non fenezo malfadada,!
¡inda que desengandada si!,
¡con temperá estada!,
¡belaventamente a fuxir!,

¡Ai que anceios belidos!,
suspiros avellentados!,
¡vaguexados e cumpridos!,
¡cáseque sendo encetados!,

¡Dúas empostas me deches!,
¡a primeira delas rastreira!,
¡un cadrelo me fixeches!,
¡pola moleza da seteira!,

¡Empoleirándome natura,!
¡nunha estada cal alfaia!,
¡embebendo en dozura!,
reverquendo albizaras!,

¡Unha aperta eu che deixo!,
¡a moi xangales persoas,
moi acarexados beixos,
por seren respectuosas!,

¡Cando acougamos no ombreiro!,
¡ó lles voarmos perante,!
¡nese impronto neboeiro!,
¡soérguen-nos da humidade!,

¡Sen oursaren tanxernos!,
¡polos pos que levarmos,!
¡sabidos que nada sermos!,
¡sen os pos en nos xerados!,

¡Abur!¡ meus amiguiños!,
¡vencellados á natureza!,
¡a vos meus polvoriños!,
¡na miña alada presenza!,

¡A ti , nai natureza!,
¡prego ti me perdoes!,
¡a miña inmunda crueza!,
¡ó falarche con rancores!,

¡Soubome a pouco a estada!,
¡tempadiña que me deches!,
¡para satisfacer alada!,
¡degoxos que eu tivese!,

¡Moi fermosísima era,!
¡célere ou vagaceira!,
¡décheme ti nai , unha era!,
¡xerada moi sobranceira!,


¡Abur! ¡nai natureza!,
¡abur!¡ que iname serei!,
¡froito da túa enxebreza!,
¡pronto nada, de ti serei!.