¡Abur! ¡Abur mariñeiros!,
¡deica pronto que recunquedes!,
¡de rexos sumo contentos,
tal como agora alonxades!,
¡Nese abur de alegría,
abur de inmensa emoción!,
¡sentendo vosoutros ledicia,
vencellada á fruición !,
I
¡Abur! ¡ abur mariñeiros!,
¡ca Virxe vos acompañe!,
¡mailos favorables ventos,
venturas el vos amañe!,
¡Neses días tan inxentes,
vividos en mar adentro!,
¡sexan días deferentes ,
ó tan voso sofremento!,
II
¡Abur! ¡ abur mariñeiros!,
¡ca celestiai Patroa,
pendente dos vosos pregos,
amaine nas bravas ondas!,
¡Sendo para vos manselas,
á varudeza das vosas mans,
en todo intre pracenteiras,
de xesto en doce ademán!,
III
¡Abur! ¡ abur mariñeiros!,
¡cantando a Salve alonxades!,
¡voltade á chaira tersos,
que amor na chaira deixades!,
¡Amor que queda mirando ,
acongoxado por dentro,
moi aledado asemellando ,
sendo un latente lamento!,
IV
¡Abur! ¡abur mariñeiros!
¡voltade cantárno-la Salve!,
¡en tan vero sentementos,
facéndose-nos inefable!,
¡Ese entoar tan fermoso,
emocionado e sentido,
facendo un quedo amoroso,
no corazón e sentidos!,
V
¡Abur! ¡abur mariñeiros!,
¡deica pronto que voltedes!,
¡crespando mares e ventos,
bela bordada que aviades!,
¡Nesa rota que levades,
sucando mares e mares,
ó tempo que vos alonxades,
nos vosos Sacros cantares!,
VI
¡Abur! ¡abur mariñeiros!,
¡ata pronto, moito mellor!,
¡co mar non sexa el cemiterio,
ó voso cós todo vigor!,
¡Posto que sós alonxades,
deixando na terra cariños,
ese no cal vos apoiades,
a amorgalla-los espiños!,
VII
¡E se por fado se fixese,
Santo Campo leito do mar!,
¡ca vosa Patroa vos leve,
a un Celestiai navegar!,
¡Polas albas ondas do ceo ,
coa brisa de azúis nubes ,
rizando nos lisos ventos ,
cá mestría elas sucumben!,
VIII
¡Abur! ¡ abur mariñeiros!,
¡que no corazón levades,
hálitos da dona e nenos,
que tanto vosoutros amades!,
¡Voltade para apreixalos,
xa quen latente sentemento ,
no horizonte avistarvos,
faise hábito de medos!,