Quixese ser esa arela,
na nívea alma malfadada,
esganecer aloxada,
sendo iname no seo dela,
Quixer ser a súa flama,
salferindo hilaridade,
na esgalla de felicidade,
enchoupala súa alba alma,
Unha mapoula das brañas,
quixer ser por un día,
de velenosa e impía,
loitar no cerne con saña,
Estrullando en varudeza,
mágoas nas que mergulla,
sendo esa moi cernil tulla,
que cative á fereza,
Fornecida en teimosía,
de choer penas dorosas,
na sufrinte alma chagosa,
de amor vero en demasía,
Quixer ser unha lufada,
un hálito todo el brizo,
no seu cerne nun feitizo,
brama na mirrada estada,
A ventoeira a delourar,
na súa alba alma abafada,
reverquendo malpocada,
nas tristuras a florear,
Quixese ser arrecendo,
zunido de ríos e máres,
balor nos mestos pesares,
un resón de outrora ledo,
Quixer ser albedrío ,
nesa sebe do impío chou,
que fenosamente a levou,
coñeceres agres feitíos,
Feríndoa na sagrada alma,
no cándido corazón,
toldándoa nesa razón,
baldía de toda calma,
Quixer , quixer ser picuíñas,
rolada dos paxariños,
luzada en azos manidos,
chama ás penas mesquiñas,
Quixer ser unha maraña,
arranxada nas treboadas,
anegar eivas taimadas,
reconditas nas entrañas,
Quixer ser unha vasoira,
de lucíferas estrelas,
varrerlle xocundas penas,
queréndo-se inmorredoiras,
Quixer , quixer ser un zoar,
nacenza de ser quixese,
socaliña que fixese,
na ledicia se mergullar,
Quixer, quixer ser clarenza,
que cadora vivía,
azos que esparexía,
coa súa leda presenza,
Quixese ser un Roibén,
seu halo marabilloso,
fundido no cerne amoroso,
áurealo nun feito ben,
Quixese ser un orballo,
dunha noite de verán,
deixándo seu cerne van,
de saloucos acalados,
Quixese ser eu toxeira,
unha brava silvamar,
robindo sen relanzar,
a enrolar eivas rastreiras,
Quixese ser a palabra,
unha fala milagreira,
envorca en borralleira,
da eiva xa feita labras,
Quixese ser unha fada,
para arredarlle sedán,
de mouras néboas que van,
valando na alba mirada,
Quixese ser xaneliña,
na súa escuridade,
reverdecente beldade,
do halo da mañanciña,
Quixer , quixer ser enxame,
unha esgrevia abellariza,
aguilloarlle preguiza,
remisa que nela dane,
Unha célere estreliña,
quixese ser nun momento,
ruar polo pensamento,
brilando na alma prosiña,
Quixese ser polvoriño,
nos pensilados argueiros,
a semente nese vieiro ,
do ser ermo de cariño,
Quixese ser ese modo,
en lóstrego á tristura,
albeando na negrura,
do seu corazón dondo,
Quixese ser borralleira,
humidade no seu cerne,
balorecendo no xerme,
moi vigoroso na angueira,
Docemente engandadora,
moi tenramente belida,
rebuligante e remisa,
nunha urdime alburgadora,
Cadea en argolas de arame,
tecido en ledas palabras,
no corazón gabexadas,
co moi namorado sangue,
Vastas gavelas de ironías,
vencelladas ás entrañas,
cadreladas aledadas,
coa lúgubre estadía,
Cada día moi danada,
sumamente encarnecida,
pola arela devecida,
na lonxanía agochada,
Nesa miña amiga da alma ,
na nobreza dos seus feitos,
sen acadar pórlle peito,
ó verismo que nela dana,
Ó non acadares lograr,
ser feitura e sentemento,
nese cotián a pé feito,
fito a ollada para pregar,
Ó infindo que nos agarda,
Ás Divindades Co Aloxan,
súas mágoadas acollan,
nimbando na súa estada,
Recuncando ó seu norte,
no vento trascaburrado,
na incertidume murchado,
devindo nun calmo porte,
Voltando á relúa ,
ás andainas con despexo,
no ledo decote rexo,
nun dosel na alba alma súa,