DE MONTERROSO Ó MENIÑO AMOROSO
Garimosamente adicado a don Justo García Novo de Monterroso (Lugo, Galicia)
24-12-05
Hoxe naceu un meniño,
entre pallas e resío,
para quentarlle o corpiño,
búfalle a burra con brío,
I
Chora a Nai Virxe María,
por non ter ningún paxelo,
Xosé coa melancolía,
técelle un sen el sabelo,
Os anxeliños llo amosan,
Á Compunxida María,
collendo a teada fermosa,
cobre ó Neno en ledicia,
II
Xa non treme o Meniño,
alentado por burra e boi,
rebuligante cos peíños,
xoga coas pallas despois,
Unhas presiñas de pallas,
aleutadas ó Meniño,
que vén con albizaras,
co seu Divino Cariño,
III
Hoxe naceu o Meniño,
entre pallas e resío,
vén Nimbado de Cariño,
moi salferido de frío,
Na Vila de Monterroso,
festexan Divina data,
nese feitío amoroso,
en enxebreza lle cantan,
IV
Cántan-lle donas e nenos,
os cabaleiros e mozos,
donosas mozas e vellos,
nun vencello harmonioso,
V
Ó presebe do Meniño,
chega o son de Monterroso,
uníndose os paxariños,
ó alegro tan fermoso,
Sorrí Xosé e María,
de dita sorrí o Meniño,
oíndo pura alegría,
amecida con cariño,
VI
Entre pallas e resío,
ergue o Seu Corpo Meniño,
para nun moi lene brío,
dárlle ós monterrosinos,
O Seu abeiro en biquiños,
formando no ceo campás,
en sumos vistosos brilos,
fulgorantes badaladas,
VII
Unha ledicia cumprida,
un arelado desexo,
en cadanseu son unha vida,
en moi Divino reflexo,
VIII
Hoxe naceu un Meniño,
entre pallas e resío,
vén cunha cruz de taliños,
de febles plantas do río,
Chora a Nai Virxe María,
chora con dó San Xosé,
ollando na Súa alegría,
na crenza un xoguete lle é,
IX
Os anxeliños lle arranxan,
coas nubes de Monterroso,
mestas neboadas que anoan,
artellándolle un donoso,
A troques da cruz de taliños,
xoga o Meniño contento,
agardando tempos suíños ,
fornecidos de tormentos,
X
Hoxe naceu un Meniño,
entre pallas e resío,
amecendo con cariño,
bafos a frearlle o frío,
De animais de compaña,
reloucantes de ledicia,
vendo ó Meniño que apaña,
chegados sons de alegría,
XI
Nos sons de monterrosinos,
de padales amadores,
cantándo-lle ó Meniño,
arrecendándo-lle a flores,