¡Recalaches andoriña ,
voando a magna altura,
furando ti viñeches,
na túa innata donosura!,
¡Crespando nubes deixaches,
trás de ti vastas bordadas,
cal barco navegando,
polas augas acalmadas!,
I
¡Pasaches ríos e mares,
deixaches vilas e pobos,
cobizosa en ve-la terra,
dos teus primeirizos voos!,
¡Avistando nas madreselvas,
veredas, petoutos, lisuras,
no teu voo sen descanso,
deixaches no ceo fermosuras!,
II
¡Agora andoriña amiga,
andas mirando o teu fogar,
mulíndoo en mirradas herbas,
nel túa familia xerar!,
¡E cada mañán te achegas,
co teu pirlar me espertar,
é o teu regalo á miña ansia,
teu fogar lograse el estar!,
III
¡Ti me pirlas, eu che falo,
ti me miras, eu te miro,
e che xuro có mirarte,
túa fidelidade admiro!,
¡No teu fidedigno costume,
de pirlares só para min,
desa maneira fermosa,
tan inefable para min!,
IV
¡Eres pequeniña e donosa,
moi agarimosa ti eres,
ata diría que meiga,
nesa intuición que ti tes!,
¡Dese preciso momento,
en que me sinto apenada,
abandoas o niño e ti ves,
pirlarme moi afanada !,
V
¡Voas alto, voas baixo,
en formas configuradas,
baldía de toda agrura,
á harmonía coligada!,
¡E eu queridiña andoriña,
te quero de corazón,
tanto que cando te alonxas,
choro de desolación!,
VI
¡Temendo sexa deleble,
túa ruta planificada,
interrompendo a túa vida,
vencelladas mans teimadas!,
¡Sendo donosa e afable,
tan xentil e elegante,
quixese eu te quedases,
onde a voar avezaches!,
VII
¡De nada serven anceios,
ó teu corpo pequeniño,
sentindo nel as néboas,
o resíos tan sentidos!,
¡En outono quedarán pólas,
sen túa presenza querida,
e eu sen o teu ledo pirlar,
ameizándome a vida!,