Arriba entre as estrelas,
hai unha bela xaneliña,
para mirar a través dela,
albiscando vidas meniñas,
Eu que aseito ás estrelas,
din coa bela xaneliña,
mirando a través dela,
din coas vidas meniñas,
Vin que xogaban moi ledos,
e vin que ás eles tiñan,
vin que eran nenas e nenos,
cos seus pais non os querían,
Vin como a Virxe María,
Tenras Carexas lles daba,
e Deus o mesmo facía,
Xesús con eles xogaba,
Vin que fulxían , fulxían,
máis ca tódalas estrelas,
coma se foran avelaíñas,
batían ás as carreiras,
Oín as súas risadas,
moi cheíñas de delicia,
vendo tamén as miradas,
donas da melancolía,
San Xosé na súa mesura,
aferrallou a xaneliña,
pero , antes de tal feitura,
díxome ¡ abur amiguiña!,
¡Adeus! lle dixen coa man,
e coa mirada tamén,
quedándome daquela eu van,
de tan pracenteiro ben,
Malia , que todo elo ocorreu,
estando no sono a durmir,
coma verdadeiro se me deu,
o que non se pode ver, nen oir,