Centro de Documentación da AELG
Poemas inéditos (textos íntegros) - Vereda de penas
Arias Saavedra, Ana


¡Soidade ! eres ti dona,
de maneiras arteiras,
en moreas de persoas,
que van indo tristeiras!,

¿Cal é o teu segredo,
para acadares alugar,
nun corazón inda neno,
nos de a piques de se engurrar?,

¡Asemade en corazóns mozos,
nos que van deixando de selo,
case vas indo con todos ,
sen seres ti pesadelo!,

¿De quen eres ti parente?,
¿da mágoa? ¿ da melancolía?
¡para vivires pendente,
de toldares vastas vidas!,

¡Poida que sexas ti orfa,
non coñezas  harmonia!,
¡ó queréreste ti moi soa,
á noite como ó día!,

¡Ves xurdidndo nas persoas,
sen de ti elas se percatar,
queréndose contigo a soas,
nun trasbaiado camiñar!,

¡Eu , matinando moito en ti,
coido, non es ti ninguén,
ó xurdires sendo un fin,
da taima do ser dalguén!,

¡Acadando sexas ti alguén,
nesa socaliñas deles,
monicreques poder veren ,
para se aledaren eles!,

¡Reloucando en ledicias choutan,
mirando na congoxa doutros,
fregando man contra a outra,
en mirares aleivosos!,

¡Inzas ti , cruei soidade,
da escasa humanidade,
da inmunda maldade,
xurreira infidelidade!,

¡Abrollas ti das persoas,
deturpadas en pezoña,
abranguendo a candorosas,  
tebra eres , que do ser se adoña!,