Centro de Documentación da AELG
Poemas inéditos (textos íntegros) - Veño de Santiago
Arias Saavedra, Ana


Veño de Santiago, veño,
coa planta e dedas chagadas,
veño de Santiago e deixo,
na Catedral bagoadas,

Deixo pensamentos no ar,
suores eu deixo na chaira,
de esgrevios vieros que andei,
para bica-lo na cara,

Veño de Santiago, veño,
veño moi refocilado,
de venerar ó Patrón,
co corazón afervoado,

Veño ornado en ledicias,
de tristuras tamén veño,
deixándo-lle ó Santo moitas,
cunhas valgado inda veño,

Para ó ano hei de volver,
cara ó Patrón baleirar,
mestas penas que inda levo,
prestas háme malfadar,

Penas cheíñas de espiñas,
cravadas no corazón,
arraigadas fondamente,
freando tódalas fruicións,

Veño de Santiago , veño,
veño en deixar amizades,
polos rueiros nos que andei,
coma en achados fogares,

Onde pedín auga e me deron,
pan, manteiga,viño e queixo,
logo de ben descansado,
despedíron-me cun beixo,

Veño de Santiago , veño,
de ollar aldeáns lugares,
congostras e carballeiras,
abandoados fogares,

Veño en ver silvas medrando,
ás toas polas paredes,
na chaira que noutrora era,
para seus donos praceres,

Veño de ver ósos de can,
ó pé da porta do seu lar,
fidel ó prosiño dono,
famento morreu ó agardar,

Veño de Santiago , veño,
de ver carros nos xardís,
ronco canto de cotío,
en alegro canto ó país,

Coa vaquiña ou boi  cos guiaba,
da cor parda case sempre,
nen era fraca nen groso,
o xusto do dono feble,

Veño de Santiago , veño,
sen oires cantar a ninguén,
eso que din cos galegos,
cántan-lle a todo moi ben,

Veño de oires o zunido,
da auga polos regueiros,
veño de poñerme en xeonllos,
a humidece-los meus beizos,

Ben axeonllado na orela,
sen présas escoitei o cantar,
agardando pola Ninfa,
para con ela parolar,

Disque é moi bondadosa,
logo de fermosa seres,
disque co seu ton bonito,
fuxen pesares e sebes,

Eu que non tiven a sorte,
de ollar beldade figura,
logo de delongados intres,
seguín coas miñas tristuras,

Veño ruando descalzo,
pola promesa ofertada,
veño moi chagado e canso,
sentendo a alma malpocada,

Por pasar por rexio lugar,
do que me falaron meus pais,
cando do lugar lembraban,
albizaras , salaios e máis,

Veño de ve-lo meu berce,
no chan todo el derrubado,
veño de acarexa-las pedras,
encol delas saloucando ,

Veño carrexando pesares,
dúbidas na alma carrexo,
por se as amoreadas pedras,
no vindeiro ano non as vexo,

Pedras que nen ren son miñas,
de meus pais si elas foron,
vida cadansúa garda,
moleza do corazón,

Gardan bágoas coitadiñas,
nas hilaridades gardan,
nos principiados andares,
nas miradas que axexaban,

Veño de Santiago e voume,
con firmes vascas de voltar,
se recuncar non recuncase,
ficarei co Santo a falar,