Centro de Documentación da AELG
Poemas inéditos (textos íntegros) - Unha estrela
Arias Saavedra, Ana

 

ADICADO Ó MEU MARIDO MÁIS Á NOSA FILLA

Quixera do ceo unha estrela,
do azul ceo , a máis fermosa,
para dicirche con ela ,
¡grazas! por crerme esa rosa,
cun día achaches vizosa!,

Quixera do ceo unha estrela,
a pousarcha nas túas mans,
amosándoche amor nela,
reverquendo nas miñas mans,
as túas doces palabras!,

Quixera do ceo unha estrela,
alada estrela fulxente,
agradecéndoche nela,
a túa nobreza inxente ,
da bondade converxente!,

En ti , lanzal xangal persoa,
corazón mol salferido,
na túa soeira fermosa,
de seres cadora nítido,
na hilaridade , e aflixido!,

Quixera do ceo unha estrela,
para louvarche albizaras
dadas, á miña vida en tebras,
mergullada en  magoadas,
millentas malpocadas bágoas!,

Nas lóbregas mañanciñas,
mouros seráns , mouras noites,
naquelas prosiñas ladaíñas,
pregando polo meu norte,
comigo el , moi desconsonte!,

Quixera do ceo unha estrela,
escolmando á belida,
en foulas esparexela,
á túa vida mazmida,
por mor da miña manida!,

Coa vasca desa nacenza,
fornecida de verdor,
no vizor da afouteza,
liberándome da gran dor,
da túa man , do teu amor!,

Coa estrela nas miñas mans,
fervorosa eu pediría,
no meu transo a pasar,
chegado o adiado día,
advento a celestiai estadía!,

Neses brazos que me acunchan,
amantándome en feituras,
sense andaren polas beiras,
salferíndome en relúas,
caldexando eivas teimudas!,

Nesas mans que eu me apreixo,
con orgullo e agarimo,
camiñando con despexo,
suxeita no doce estiño,
polo noso albo camiño!,

Túas mans me gabexaron,
alentando nos meus azos,
unhos anos xa pasaron,
rexios feitos son lembrados,
no corazón aloxados!,

Con esa dozura inxente,
coa que foron artellados,
nun halo do máis fulxente,
enfeitando nos recantos,
de amor en pos dourados!,

Túas mans varudas, doces,
lenemente como luvas,
en engandadores roces,
nas miñas mans en tenruras,
xeran na miña alma relúas!,

Quixera do ceo unha estrela,
con ela nas miñas mans
dicirche ¡ fuches ti a estrela!,
¡compañeiro , meu irmán!,
¡fuches, a forza en ventoeira!,
¡para ti ben me soerguer,
privándo-me de esmorecer!,

¡Fuches lufada amornada!,
¡solaina na miña vida!,
¡fuches moi doces miradas!
¡na miña moi aflixida!,
¡fuches ti , luz en pecho día!,

Goríndome na maneira,
cal arrecendosa rosa,
sendo só seiroxa roseira,
son de todas a bramosa,
nas túas mans amorosas!,

A ti , estreliña que alumeas,
co teu amor ó noso lar,
forzada a xoecer en penas,
pola fada en min se aloxar,
¡grazas!¡por ti me ameizar!,

Por me ires refocilando,
coa túa innata ledicia,
na afouteza ías halando,
pola relúa en min fuxidía,
alonxada en teimosía!,

Teu corazón sempre ledo,
moi silandeiro chorando,
ía el reverdecendo ,
no meu moi trasbaiado ,
arelándose amortuxado!,

Quixera do ceo unha estrela,
a amosarlle unha estreliña,
célere semellante a ela,
solermeira , solermiña,
gabexando na vida miña!,

Coligada con afán,
nesa angueira adoitada,
con teu pai , man a man,
arrequece-la miña estada,
de albizaras adozadas!,

Nunha vida negra pecha,
de tebras e treboadas,
unha vida que clarexa,
nas túas mans luzadas,
mans magnánimas ¡grazas!,

Arestora es unha moza,
daquela só unha nena,
¡grazas pola túa forza!,
¡vontade en afastar penas!,
¡grazas! e bendita sexas,