IN MEMORIAM
MANUEL MARÍA
Na Terra Chá , fértil terra fermosa,
afundida nela , resoa unha canción,
halada polos fulgores da alborada,
cada mañán , en polvoriños de emoción,
da súa lembranza , de deferencias a ela,
de lanzales andares,eximia devoción
na súa mirada, hálitos das súas palabras,
arxentíferas de mestría , satisfacción
da máis bela flor , do seu corazón,
Barilezas se aloxan cal trenzas,
na súa terra, tan amada como ensalzada,
de amorosas feituras eternas,
en amante amador de costumes e xentes,
seu ameno falar, a beldade das súas letras,
cal impoluta auga, que chega á fonte,
douta auga, sementeira de sapiencias,
bonhomía dos seus modos coherente,
amor da súa mente inherente,