Centro de Documentación da AELG
Poemas inéditos (textos íntegros) - Soidade inexorable
Arias Saavedra, Ana


Unha pastora mociña,
encamiña no rabaño,
lembrando en súa naiciña,
no Edén , nela axexando,

Non lle leva unha floriña,
para lle enfeita-la terra,
non lle arreda a mesta muíña,
co preto piñeiral xera,

Chorando polo camiño,
guía no vasto rabaño,
en nostalxia do cariño,
orfa del , dende hai un ano,

Ano que asemella infindo,
ó compunxido corazón,
afacéndose a ir vivindo,
vagantía de fruición,

É data dos defuntiños,
penas na alma agochadas ,
nos cernellos en prosiños,
pola xente soterrada,

Moi sumamente querida,
pola pegada deixada,
no corazón cal reliquias,
docemente gabexadas,

Saloucando vai a pastora,
falando polo baixiño,
¡síntome triste Señora,
fóra dos meus trumiños!,

¡Ai Raiña !¡doce Señora!,
a cada pasada que dou,
váise-me a vida Señora,
mais dela , ir , eu non me vou!,

¡Cabo da miña naiciña,
para seguirmos no vezo,
co halo da mañanciña,
sentir na face os seus beizos!,

¡Hame pousares seus beixos,
tenramente neles me espertar,
nos seus ollos coma espellos,
na donosura me mirar!,

¡As moi pracenteiras verbas,
verdecentes eran ó meu ser,
para artellar nas tarefas,
sen cansazo delas senter!,

¡Recuncando da laboura,
relaxo achaba nos brazos,
feitura dela amadora,
vencellada con abafos!

¡Son moitos días Señora,
intres que días semellan,
sen hálitos cos meus adoran,
verbas cas miñas desexan!,

¡Un ano pasou Señora,
ca miña naiciña alonxou,
dende aquela deica agora,
saloucando por ela vou!,

¡Pregándoche fervorosa,
adiantes o meu advento,
á Túa Casa Señora,
xebrándome do tormento!,

¡Deste baleiro que eu levo,
cadora no corazón,
tan fornecido de leso,
desta vida de fenón!,

¡Miña naiciña fundida,
entre as entrañas da terra,
lembrada naiciña querida,
recende na primavera!,

¡Na primavera de outono,
en herbas ca terra xera,
seu corpo en lisura dono,
que abrazalo ¡ai !  quen puidera!

¡Non levo flores Señora!,
¿para que llas hei de levar?,
¡lentura dela amadora,
nas herbas, flores fai abrollar!,

¡Carexan nelas Señora,
en moi lenes blandicias,
miñas orfas mans agora,
de puridade dela baldías!,

¡Vizosas medran as herbas,
asemellando desleixo,
preto de cores moi belas,
de flores que nada envexo!,

¡Sinalan lindes as herbas,
á miña naiciña sinalan,
sen enterromperlle-las medras,
nos seu albedrío devalan!,

¡Por seres inzo do corpo,
verdor da súa moleza,
xerme de enxebreza do po,
entre resío e morneza!,

¡Adubando paseniño,
no relanzo inexorable,
nese terreo pequeniño,
onde tan só ela cabe!,

¡Ai Señora! ¡ que tristura!,
¡tan sumamente ela impía,
pousar ollada en natura,
que miña naiciña adubía!,

¡Miña Señora ben sabes,
que non hai flores mellores,
que herbas quen brama saen,
da miña naiciña en balores!,

¡Non ouso corta-las herbas,
para pousa-las mercadas,
sería corta-las veas,
pulo da miña nai amada!,

¡Mentres Señora me deas,
vida para saudosa vivir,
seguerán xoecendo herbas
no chan, onde un día hei de ir!,

¡A fundirme cos  vestixios,
da miña chorada naiciña,
mesmamente cá ela en brizos,
beldade en herbas e floriñas!,

¡Serei no chan floritura,
asemellando un desleixo,
recenderei coa natura,
tal cal seu puro desexo!,

¡Agora miña Señora,
nesta data sinalada,
a esta coitada pastora,
nó-na deixes desabeirada!,

¡A soidade é varuda,
na data dos defuntiños,
cos feitíos que rebuldan,
entre baldío e baldío!,

¡Ai canta bágoa retida!,
¡se no albedrío se vise,
sería celaxe vestida,
de cores negras e grises!,

¡Hoxe será un día máis,
a gabexar no rabaño,
chorando pola miña nai,
cabo de ti, dende un ano!,

¡Agardo ca miña ferida,
formando bostela ela vaia,
para afacerme a esta vida,
por moito , moito que mal me acaia!,

¡Dame alento ti Señora,
no meu camiño alumando,
neste mundo que arestora,
devézoo de min afastado!,

¡Ti miña Señora sabes,
a dor de aprender a vivir,
sen ese ser que chamaches,
para infindamente existir!,

¡Por Ti ver meu corazón,
na miña alma Ti ler, ver,
miña sufrida paixón,
no meu tan infausto ser!,

¡Recalando arestora ó lar,
atopando nel só frío,
calafríos que fan chorar,
pola falla de solío!,

¡Reverberado da fala,
nas mans da miña naiciña,
chumbado  agora  devala,
cos azos da vida miña !,

¡Son soa Señora , ben sabes,
sen esa sorte de ter irmáns,
sen saberes como sabe,
a hilaridade de ademáns!,

¡Entenrecida dozura,
nas maneiras paternais,
por irse á sepultura,
quedando eu , no seo da miña nai!,

¡Que naiciña a miña, Señora!,
¡tan cheíña de afouteza,
refulxente coma a aurora,
salferida de pureza!,

¡Arquexante pola vida,
viúva miña naiciña,
ó naceres a benvida,
deuma achegando a cariña!,

¡Á miña, inerme vida,
dándome o melloriño de si,
indo a súa alma mazmida,
sosegada ela me sorrí!,

¡En lembranza do meu pai,
amodiño del falaba,
nese amor que cadora vai,
coma cando el abullaba!,

¡Mestos agarimos floreaba,
coa nobreza refulxía,
e no seo , eu me xeraba,
agardándome en alegría!,

¡Malia de seres infausta,
afortunada eu me sinto,
por coñeceres estada,
delicia de inxeles chimpos!,

¡Ó aveso do que lle ocorreu,
a inxel meniña Erika,
que de inmolada ela morreu,
sen dó da súa pelica!,

¡Foi xoguete encarnecido,
unha iname vida ela foi,
nese corpo tan querido,
dono da braveza dun boi!,

¡Súa naiciña querida,
mesquiña naiciña dela,
que fixo da súa vida,
boneca viva para ela!,

¡Catro anos tan só viviu,
se a vivi-los ela chegou,
xa que coma xoguete serviu ,
e impiamente con el rebuldou!,

¡Querida naiciña súa,
que de sobexa a levou,
malnacida compaña súa,
cal lixo ó colector botou!,

¡En bolsa cal lixo fose,
Erika ía agoniando,
deseguro en anxo hoxe,
na súa nai segue mirando!,

¡Esoutra meniña Señora,
á beiriña dunha lagoa,
feblemente en bolsa chora,
en ''vizor'' pola vida loita!,

¡Bule , e rebule cos peíños,
nunha bolsa mergullada,
pregando polo cariño,
unha estada gabexada!,

¡A vida que lle pertence,
pola naiciña amorgallada,
inxel meniña non se vence,
ante inxente salvaxada!,

¡Bule, e rebule cos peíños,
coas meniñas mans rebule,
nos seus febles pucheiriños,
na lagoa non se afunde!,

¡Acada a meniña salvar,
unha vida que lle é súa,
polo moito , moito  estrañar,
bolsa que avanta e recúa!,

¡Polas augas maternais,
maternais entrañas,
da natureza coma nai,
goríndoa da cruei fazaña!,

¡Meniña vida tirada,
afundíndose ela fose,
será meniña coidada,
nunha harmonía doce!,

¡Ai  Señora ! ¡ cantos meniños!,
¡están a sufrir cruezas,
con vida , eles ós lixos,
chagados con gran fereza!,

¡Eu que tiven a sorte,
de me agardar con alegría,
malpocada choro a morte,
de quen moito me quería!,

¡Agora onda Ti Señora,
cabo do seu amor, o meu pai,
seguerán hora,  a hora ,
como no mundo me vai!,

¡Choro hoxe miña Señora,
sempre o baleiro chorarei,
da miña nai que me adora,
e sempre, sempre adorarei!,