Centro de Documentación da AELG
Poemas inéditos (textos íntegros) - Se ti souberas...
Arias Saavedra, Ana

Se ti souberas...
como se acha un só
choutando ó meu redor
moreas de penas.
Veñen todas a min
àra seren alugadas;
euq ue nunca as pedín
teño que aturalas.
Un pano para acollelas
son eu apra todas elas,
ficando en min moi dentro
penas que tamén eu teño.
Ollan todas en min
mesmo fose unha cunca
praa ficar sen fin,
sen alonxarse nunca.
Arredan esgalla de penas
todas elas cara min,
afastándose delas
escomezan a vivir.
Sen decatarse ninguén
da tristura das miñas
pregando á virxe María
para acadr sosterme.
Se ti souberas...
Todas en min aturuxan,
moreas de penas xuntas
no meu corpo que trema.
Se ti souberas...
como é vivir así
sentiríame coberta
coa axuda que prego en ti.

2003