Centro de Documentación da AELG
Poemas inéditos (textos íntegros) - Salaio saloucando
Arias Saavedra, Ana

 

¿Mans que nada dades,
que agardades?
dito popular


Cando souben co dano quen min luía,
viña da falla en deferncia cara amin ,
do teu corazón lizgairo coma ruín,
sentín , vin, reverque-la melancolía,
polas miñas mans, cadora prestas co fin,
de che afastar mágoas á crueza afín,
mergullando as miñas mans a cada día,
arrepiada, fundidos dolos , nelas eu vin,

No sentemento infausto, os ollos abrín,
á realidade, tan vera como impía,
amosándome á inmunda ironía,
vin , sentín , nas miñas mans doces que abrín,
a toda emposta , cas túas o requerían,
a envolverte no amor , que para si querían,
no intre en que as túas verbas desoladas oín, vin
como atoutiñando, moi ás toas bulían,

Miñas mans , agochando pesares por ti ,
foron nas túas, moleza en caricias,
acadando no teu devir ás alegrías,
aleutada en saloucos, recalaches ti
á envorca de vaidade, inmundicias
amecidas en esgalla, con supremacías
en mans ¡ nas miñas! en carraxenta a pedir,
moito de máis, do que elas darche podían,

Sutiles, oufanas mans , para só pedir,
mostrando engado , vindo lufadas ricas,
adozadas, serdes bravas coma silvas,
co teimudo degoiro de ver refulxir,
a mans apoucadas, para cando sombrías
¡as túas ! fiquen nun halo lucidías,
tentando en varudeza lles salferir,
que sendo amadoras mans, son só mendigas,

Malia deso ,son mans a dar e recibir,
nesa enxebreza, un xermolo agardaban
de barileza, nas cadora vaidosas mans,
¡nas túas! tan donosas en ademáns,
como indolentes , en candentes urdir
vastos encadrelados, cerniles desmáns
de feitíos donosos, que perenos danan
¡nas miñas ! estampinando sen dó sentir,

Cal xirasoles ó vento elas sorrín,
na bramosidade, coa que as natura as dotou,
nesa magnánima feitura, lles botou
semente en bondade, para nela florir,
onde o balor, o seu lugar escolmou,
no louzá azo , que prosiño devalou
nas mans ¡ nas miñas! que sen ousaren pedir,
arelaban petiscos, de amor que pousou,

Recuncas a elas, sen chisco de dó por elas sentir,
nen ver, que na infausta agrura sufrían,
seren acariñadas, silentemente pedían,
¡ás túas mans! as miñas estando a sufrir
aldraxes, que cativas delas tremían,
¡nas túas! trascaburralas moito querían ,
para no seu albedrío, en soidade vivir,
soterrando anceios, que nunca serían,

De mans , quen dozura apreixando finxen,
amosegando en crueza, nas mans que acariñan,
nesa puridade que cadora aniñan,
silandeiras, celmeza de mans piden
¡das túas! cá espreita prestas vixían,
os intres de que na lentura salferían,
a se ameceren , se mergulladas malviven,
¡as túas! tan belidas, como mesquiñas,