Centro de Documentación da AELG
Poemas inéditos (textos íntegros) - Mensaxe dos paxariños
Arias Saavedra, Ana

 

 

Nosoutros os paxariños
galegos, sentímonos orgullosos,
deste monumento marabilloso,
e doutros coma el belidos!,

De galegos e galegas,
da paraxe verdecente,
lembrada pola lonxana xente,
no corazón e nas verbas!,

Desta terra de labregos,
mariñeiros malpocados,
nesa arela engaiolados,
polos faustos momentos ,
endexamais avistados!