Centro de Documentación da AELG
Poemas inéditos (textos íntegros) - Quero pensar.............
Arias Saavedra, Ana

Quero pensar que me queres,
inda que ren ti me queiras,
cas túas palabras celmes,
non soen ser alburgueiras,

Quero pensar ca amizade,
sinceira do meu corazón,
non é ela sen piedade,
amorgallada en fruición,

Quero pensar que me levas,
no teu corazón mesquiño,
para enxugarche nas penas,
nelas varrerche o camiño,

O teu camiño fulxente,
de inxente halo ninguén cabe,
sen sairen del candentes,
dun xeito que só Deus sabe,

Quero pensar ¡pobre de min!,
cun día te verás nobre,
deixando de seres ruín,
crendo es ti louzá, eu podre,

Quero pensar¡ pobre inxel!,
por agardar tal momento,
abandoarás teu vezo cruel,
de feituras de tormento,

Quero pensar , ¡Deus  o queira!,
te aleute unha feitura,
desa xeitosa maneira,
fundíndote en vera tenrura,

Nesa que soes ti amosar,
en moi adiadas empostas,
logo de moi usada pousar,
onde ti pousa-las xoias,

Para ben te enfeitaren,
neses días de alegría,
estando cós a choraren,
pola túa aleivosía,

De te servires da nobreza,
nese prol do teu benestar,
amosando barileza,
para no teu ben arranxar,

Prego por unha lufada,
có teu ser faga tremer,
decatándose que nada,
perdura sen balorecer,

Que todos sermos inermes,
fermosos todos nos sermos,
menos cando indolentes,
nos cren deles uns servos,

Cando nos cren unha cousa,
pola regalía de lles dar,
anaco de alma amorosa,
por a ben con Deus estar,

Quero pensar cun día ,
deixarás de se-la piola,
que da buxaina ela xira,
logo baténdoa nen ¡ola!,