Centro de Documentación da AELG
Poemas inéditos (textos íntegros) - Lembranza latente
Arias Saavedra, Ana

IN MEMORIAM
ANTONIO GANDOI ''CURA DA BICICLETA''

5-4-06

 

Cando un amigo se nos vai,
ó infindo coa súa vida,
deixa luzadas nas nubes,
fulgorándolle á vida,

Deixa unha estrela na terra,
mestas verbas floreando,
e na primavera florida,
fanse poeira arrecendando,

Nos corazóns dos amigos,
con cariño recordando ,
nas miradas e modais,
hálitos sempre amados,

Na invernía se viste,
o aire de branco albino,
pola sinxeleza deixada,
fornecida de cariño,

A súa Sacra Imaxe,
vén sendo Sacra menciña,
para arredar soidades,
e nas bagoadas mesquiñas,

O seu corazón bendado,
segue na imaxe latente,
latente moi de cotío,
no cerne de abeirada xente,

Que coma santo lle rezan,
por seres santo na terra,
obtendo os seus favores,
coma se no altar estivera,