Centro de Documentación da AELG
Poemas inéditos (textos íntegros) - Lembrando con amor
Arias Saavedra, Ana

IN MEMORIAM

Manuel Pena Yañez 

24-1-06

No seu decurso o tempo abura,
todo tenro feito caldexa,
con inexorable bravura,
malia diso , coma carexas,
a túa lembranza perdura,
nesta túa terra que desexa,
na morneza da súa lentura,
da mesura en donda feitura,

Feitura, agora en pegada,
albura da túa estadía,
reverberando en luzadas,
flamantes cal ourivería,
encadreladas coas lufadas,
con fíos de melancolía,
sentementos de magoadas,
degoxos pola túa ida estada,

Estada , trocada en baleiro,
co teu advento ó infindo,
dende o vintecatro de xaneiro,
un ano todo el compunxido,
florido de dó verdadeiro,
recende nos cernes doridos,
sentíndose de ti senlleiros,
coutadiñamente tristeiros,

Tristeiros, son ledos  momentos,
no pensamento reflictidos,
zoar, tepedades dos ventos,
resón do teu ton salferidos ,
en gabexados camiños, vieiros,
onde os teus hálitos fundidos,
nesa puridade dos feitos,
embebidos fican teus vezos,

Vezos, nos que segues a vivir,
decote neste teu berce ,lar,
latexando nun bramoso existir,
polo teu sangue nas veas regar,
nos seus beizos as de sorrir,
coa túa dona haberdes ficar,
no verdor da nova vinda a urdir,
na soeiras da terra a aqueloutrar,
neste seu , cadora voso fogar,