25/11/05
DIA DA NON VIOLENCIA
NA CIDADE DE LUGO - GALICIA
Oxalá vosoutras luvas,
acadedes o milagre,
troquen a vastas tenruras,
feituras que fan choraren,
I
Mouras luvas amosades,
encol da sagrada praza,
que concordes non ficades,
coa case cotiá matanza,
De milleiros de mulleres,
aldraxadas inmoladas,
por cousas chamadas ''seres'',
coligadas ás salvaxadas,
Mouras luvas,albas fostes,
cando varudas bouradas,
coiteladas xerando mortes,
tenguiron-vos inermes bágoas,
II
Os corpos acuminados,
polos afiados coitelos,
corpos decote lembrados,
en moi veros sentementos,
Nos fillos que se quedan ,
se quedar eles o logran,
sós sen as tenruras que dan ,
as entrañas que os adoran ,
Aqueloutradas ficades,
para acrisola-los feitíos,
dos sangantes aldraxes,
deses asasinos maridos,
III
Luvas albas amecedes,
en sagro chan con luvas mouras,
reperesentando a mulleres,
de amor vero cadora orfas,
Alcumes, miradas, ironías,
reconditas nas entrañas,
caldexando cada día,
corazón de namoradas,
Agardando na aquiescencia,
laxismo do corazón,
pola arela en pura esencia,
ornada en doce fruición,
Polas palabras cal sedán,
baixo o teito coma frechas,
que ferindo no cerne van,
abrollando mestas gretas,
Sense notaren amosegas,
nese corpo maltratado,
polos modos ,polas verbas,
no balbordo mergullado,
IV
Na praza de Santa María,
desta cidade de Lugo,
enfeitandoa sexa día,
dun brilar en cernes murchos,
V
Oxalá vosoutras luvas,
tanto mouras coma brancas,
sexades enceto de dozuras,
no canto de salvaxadas,
E dona Luz Darriba,
degoxando pola calma,
en toda dona aflixida,
dance cheíña de flama,
Na compaña doutras donas,
de cabaleiros celmes,
sabidos que son ditosas
donas , non comestas polos vermes,
Ca ‘’loita’’ pola harmonia,
viuse á fin recompensada,
coa dignidade en familia,
serenidade alugada,
Desexando eu con gran fervor,
nacenza de lucería,
en todo cernello coa dor ,
vítima de soeira impía,