Centro de Documentación da AELG
Poemas inéditos (textos íntegros) - Día para a historia
Arias Saavedra, Ana

A DARÍO XOHÁN CABANA

Será día vestido de emoción,
e o corazón vestirá alegría,
análogo sentir de Manuel María,
ó tomar tan rexia posesión,

Día latente en nídeo corazón,
sentado en cadeira en melancolía,
polo transo de Manuel María,
sentindo ó tempo fruición,

Alumno , sempre amigo querido,
vibrará de florida emoción,

De fidedigno agarimo vestido,
para tan histórica ocasión,

             I

Darío Xohán Cabana sentará,
en asento de Manuel María,
facéndo-se o ceo todo alegría,
que na terra galega reverberá,

Resoarán palabras de Darío,
a xentío en moi silente emoción,
cada corazón na súa fruición,
sentirá dozura, amador calafrío,

Insigne escritor, amigo, alumno,
do amado bardo Manuel María,

Tomará nese día seu testemuño,
en xemelga mesura e mestría,

                  II

Quedará inherente á historia,
día excelso, singular por si mesmo,
ocupando cariño vero eterno,
a cadeira , dun ser gozando da Gloria,

Cadeira para unha amizade imponderable,
xace nela a estrela fulgorante,
amecéndose a aureola destellante,
en sumo sentementos inefables,

Data para Galicia de egrexios fillos,
embebido nela un en posesión,

Configurada para señeiro día,
na cadeira de amor de corazón,