¡Que negras son as túas sombras,
axexantes dos meus andares,
cal árbore de mestas ponlas,
vasme toldando nas paraxes,
cobizando meu ser aureolas,
fanse en min inacadables,
fanse penas, miñas penas orfas,
dunhas palabras entrañables,
cara meu corazón lanzales!,
¡Nesas miradas consoladoras,
que veñen envoltas nos aires,
veras feituras amadoras,
esmendrellando nos pesares,
alixeirándome das lousas,
que valgan nos meus andares,
nas miñas miradas donosas,
sen nunca elas enxergaren,
sería por mor de choraren!,
¡Véndose cal follas seiroxas,
por ti en demasía teimares,
en me asombrares coas follas,
das túas lóbregas ramaxes!,
¡e non cansas ! nen te alonxas!,
¡acompasando meus andares,
que na teimosía ti asombras,
facéndote sebe ó te pechares,
en modais teus de renartes!,
¡A tepedades en raiolas,
ós meus tristeiros mirares,
andares que se queren entre ondas,
entre escumas de beldades,
sendo as brisas do ser donas,
amosando nas súas faces
acrisoladas, co resío das auroras,
chegadas de lonxanos mares,
baldías de asañados males!,
¡Mirrando infaustas congoxas,
regalándome doces cantares,
en maneiras moi abondosas!,
¡non coma ti , feita en renartes!,
¡no meu cerne coma lousas,
manindo nos meus andares,
facéndote en min penosa,
arelándote eu polos aires,
coas nubes a rebuldares!,
¡Sombra , que me toldas sombras!,
¡non deixando ti pasares,
nen un só halo das auroras,
para meu cós ameizaren ,
en donosura, noutrora,
sen ter que tremeleares,
meu ser que donaire adora,
vese presa dos teus renartes,
toldando nos meus andares!,
¡O meu corazón que xa te anoxa,
saloucando cadora vai,
pola forza que non afrouxa,
e tan varuda se lle me fai ,
ó meu corazón que degoxa,
feito que asemella no hai,
inda que se lle escache a gorxa,
no meu corpo que só dí ¡ai!,
¡que sombra esta tan aleivosa!,
¡por diante de min vai a dolosa!,
¡Facéndoseme en sumo dolorosa,
toldando luzadas que hai,
en toda persoa , en toda cousa,
amin , nen halo de raiolas se fai,
no meu ser , que resignado no ousa,
pedir, o que semella para el non hai,
ollándoas ó lonxe tan abondosas,
nesa beldade que tanto se fai,
nas almas cadora ditosas,
nimbadas a tódalas horas!,