A MIÑA LEDICIA POLO TEU V
ANIVERSARIO EN SERES
PATRIMONIO DA HUMANIDADE,
O MEU FERVOR, Ó SANTO PATRÓN
LUGUÉS SAN FROILÁN,
NO SEU MC ANOS DO SEU PASAMENTO,
ANO 2005
Grosas e miúdiñas pedras,
cadansúa delas garda,
tantas ledicias e penas,
como ladaíñas a bardas,
en tempos ca duras penas,
da laceirada afastabas,
ó acollelos entre as tebras,
ós que gabar por ti ousaban,
Goríndoos dos vixias,
por iren sen aquiescente ,
sendo daquela regalía,
arredar inopia recurrente,
nas aldeáns familias,
¡ai! daquela lizgaira xente,
pendentes desas prosiñas,
a rexer para comer quente!,
I
Bela muralla , arestora,
ampla pulseira que enfeitas,
dende o solpor ata a aurora,
á cidade , a ti afeita,
no seu lecer se deloura,
morea de xente que deita
en ti ...coma... en noutrora,
as venturas e desfeitas,
II
Perduras no tempo garrida,
axexante silandeira,
nese devalo de vidas,
no xoecer de rebuldeiras,
fitando a uns en delicias,
a outros , do máis tristeira,
por deixaren en ti blandicias,
silentes verbas sinceiras,
Pouso dos seus segredos,
hálito do corazón,
moleza de luídos dedos,
señardade, fruición,
vastos arelados anceios,
nunha fervente paixón,
poeira , que tentan os ventos
esparexela, e ti dis ...¡non!,
goríndoa en buracos pequenos,
III
Bulen , bulen e rebulen,
reconditas no corazón,
coas brétemas que urden,
nun repenicado cordón,
albizaras que por ti ruben,
cal retallos de algodón,
quen albos e grises, se funden
no río , resío e resón,
Forxando belos cabelos,
peites de acumadas xeadas,
polvoriños de argueiros,
con lanzales nevaradas,
cos asubíos dos ventos,
adubiando en treboadas,
nas lufadas cal alegros ,
a seres agasallada,
IV
Coligase a natureza
a nós, orgullosos lugueses,
festexando en grandeza,
teus cinco anos de meles,
sendo de Lugo pertenza,
lucenza da Humanidade es,
alfaia en suma afouteza,
reverberante flama prendes,
V
Hogano , ano que remata,
conpártela conmemoración,
da moi magnánima data,
advento ó ceo do Patrón
San Froilán, e ti lle cantas,
por xurdir case a carón
da igrexa do Carme, Santa
porta, da Miñá , paixón,