Como caída, cae do ceo,
docemente desprendida,
a túa voz que rompe os xeos,
das mañanciñas alxidas.
Como caída, cae do ceo,
túa voz doce ledicia,
florecendo ós desertos,
en fragantes mañanciñas.
Como caída, cae do ceo,
brío da túa voz de amor,
trocando a fero pedreiro,
en vistosa olorosa flor.
Como caída , cae do ceo,
do ceo tenro agasallo,
túa voz no meu cernello,
en fermosísimo halo.
Como caída , cae do ceo,
ós meus brazos senlleiros,
doceficando o meu alento,
humidecendo meus beizos.
Miúdiñas pingas de chuvia,
en mesta néboa do ceo,
a túa lene tenrura,
enfeita esgrevios terreos.
Abrollando nas belidas,
roxas rosas da paixón,
repenicadas ledicias,
da túa alada canción.
Como caída, como cae do ceo,
ó corazón que degoxa,
túa voz funda nos ferros,
cando sen dó nel se aloxan.
Como caída, cae do ceo,
teu ton para alegre vivir,
por que non podo querendo,
non querendo é se afundir.
Como caída, cae do ceo,
alxida envorca de cinzas,
rexurden elas prendendo,
da túa voz vizosas faíscas.
Eu que vivo de teu pirlar,
do teu cernello, belo ceo,
fenezo só de cavilar,
sintas doutros voos anceios.
En novas paraxes e aires,
floríndoos co teu canto,
estes aires que floreaches,
serán eco do meu pranto.
Vivo do ton da túa voz,
que quixera como miña,
ai! meu pobre corazón,
sen o teu ton de ledicia.
Non tería o belo verdor,
cal cor da sagra esperanza,
ó pirlares ti Reiseñor,
ledo de rama en rama.
Pirla ledo ti pousado,
entre ramallos como soes,
pirla ti Reiseñor voando,
ó meu ser , cobizando o ornes.
Moi perto da miña casa,
alegre rebuligando,
a inquedanza da miña alma,
co teu pirlar sosegado.
Célere alado , Reiseñor,
sempre ledo, sempre belo,
pirlando en ponlas con amor,
varres penas sen sabelo.
Eu te amo, coma ninguén
pode amarte nesta vida,
acariñarche eu quixer,
a túa voz, do ceo ela caída.