IN MEMORIAM
CARLOS CASANOVA
Alonxouse en silenzo
dorido,
cal se aloxa o vento
sendo ferido,
Deixando enfeitados
camiños,
arrecendándoos camiñando
con cariño,
No amor en que vivía
se alonxou,
e a non querida tristura
nó-la deixou,
En mirada amorosa
á natura,
en maneiras de costume
súa tenrura,
A natura tan querida
na súa dor,
resignada ela chora
con amor,
Sentemento en que el
a adorou,
tenramente ó xacer
o acariñou,
Fundido nela ,súa terra,
seu fervor,
descansa na Sacra Paz
dela e do Señor,