Centro de Documentación da AELG
Poemas inéditos (textos íntegros) - Arelando o seu rexurdir
Arias Saavedra, Ana


O día que ti te fuches,
contigo fóronse os soños,
as alegrías se foron,
quedando os teus feitos dondos,

Acolá no Campo Santo,
miraba eu moi fixamente,
teu corpo no cadaleito,
ó foxo , tan indoente,

Á vez miraba e choraba,
como a terra ela cubría,
teu vello corpo querido,
pola miña alma sombría,

Mirando ó ceo lle pedía,
che dese folgo de novo,
para voltar da túa man,
polo doce vieiro noso,

O ceo meu prego refusou,
varudas pedras resoaban,
batendo contra a madeira,
que no teu corpo aloxaba,

Mirando ó ceo chorando,
con gran fervor lle pregaba,
¡non deixes lle fagan dano,
a terra con pedras bravas!,

¡Quen lle negou teito eterno,
xebrao do vasto rabaño,
por seres servo da crueza,
de todo artello de dano!,

¡Podendo moi ben descansar,
nas máis fulxentes pedras,
repousa nun fondo foxo,
de envorca pesadas tebras!.

Eu sendo nena, moi nena,
non acadaba eu comprender,
por qué a vida se leva-ba,
ó ser , que endeusaba meu ser,

Sumamente el querido,
coruscando a miña vida,
na semellanza eu me apreixaba,
sendo moi correspondida,

Co corazón esgazado,
alonxeime del sombría,
deixando no Campo Santo,
meu alicerce e alegría,

Recuncando ós poucos días,
para acarexa-la terra,
pousando nela a cabeza,
oise el , a fala tristeira,

Os anos foron pasando,
e sego mirando ó ceo,
no meu degoxo por ve-lo,
ruando por terreal terreo,

Mirando ó ceo lle pido,
avíe no meu gran anceio,
recachando en xaneliña,
o sagrado fermoso ceo,

Para ollar ó ser querido,
sempre amado e recordado,
co fito decurso dos anos,
moito máis arelado,

Por pequeniña que fose,
moi ben ela abondaría,
para ollarlle a faciana,
na miña el ben fitaría,

Para dicirlle ¡ te quero!
como antes fuches querido,
malia dos anoa sendo moitos,
non te levaron ó olvido!,

Como ti xa moi ben sabes,
por ti formar parte do ceo,
por eu soer falar contigo,
co meu corazón sen sereo!,

Reloucando  eu de ledicia,
compartimos o momento,
aseitando cara ó ceo,
falándo-che co pensamento!,

Sentendo soidade me abrazo,
á dozura do teu peito,
na semellanza de antano,
lembranza de tenros feitos!,

Nese intre en que de ti falo,
con orgullo sumo cariño,
na miña persoa fitan ,
coma se perdese o camiño!,

Non entenden que sementaches,
vero amor no meu corazón,
e sendo ti ren no mundo,
da alma é-la miña fruición!,

Fitando ó ceo lle pido,
artelle no meu degoxo,
afastando sagras nubes,
regalándo-me o  meu antoxo,

Acadando deste xeito,
asexar no amado avó,
áureado na miña alma,
lucífero no corazón,

Xurdindo cernil esqueira,
de mol nubes cal cordón,
gabeando en inxente présa,
cara seu doce corazón,

Á floritura do seu amor,
tepedades en palabras,
á moleza da súa face,
ás súas mans tan lembradas,

A fruir de  novamente ,
caloriña da mirada,
meiró do amoroso padal,
carexas moi cobizadas,