Centro de Documentación da AELG
Poemas inéditos (textos íntegros) - Aperta vera feita
Arias Saavedra, Ana


¡Quixese  de ti unha aperta ,
docemente me refocilase,
meu corazón aledase,
nesa tenrura en ti feita!,

¡Quixese de ti unha aperta,
salferida de paixón,
abullando do teu corazón,
nas túas mans abertas!,

¡Quixese de ti unha aperta,
para senti-los latexos,
da paixón dos teus beixos,
que da agrura me escorrentan!,

¡Quixese de ti unha aperta,
que se fixese feitura,
na miña namorada figura,
coa lúa moi á espreita!,

¡Quixese de ti unha aperta,
tenramente pracenteira,
onde por unha vez primeira,
a dita no meu ser se deita!,

¡Quixese de ti unha aperta,
sen desexo de derradeira,
na miña alma tan tristeira,
ás ledicias non afeita!,

¡Quixese de ti unha aperta,
en vera aperta ela feita,
no meu ser que se deita,
nun degoxo e nel esperta!,

¡Quixese de ti unha aperta,
que ela me fixese sentir,
que é moi fermoso vivir,
dona de aperta vera feita!,