Do 6 de novembro de 2020 ao 31 de decembro de 2020
Unha proposta da AELG co apoio do Concello de Pontevedra

Explicar a relación entre literatura e os espazos e buscar xeitos alternativos de aproximar a literatura á sociedade, son dous dos cometidos de A vila imaxinada, o proxecto publicado pola Asociación de Escitoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) destinado a todo o público, nomeadamente ao estudantado galego para o seu uso nas aulas, que conta co apoio do Concello de Pontevedra.

 

Os Proxectos Didácticos dispoñíbeis, coordinados por Anna R. Figueiredo, son os seguintes:

- Pontevedra: gromo de teatro, por Nee Barros.

- Mulleres e memoria: Josefina Arruti, por Montse Fajardo.

- A Pontevedra de Aurora Vidal, por Míriam Ferradáns.

- Pontevedra é boa vila, dá de ler a quen pasa, por Eva Mejuto.

- Todo canto fomos, por Xosé Monteagudo.