Organizada pola Sección de Literatura de Tradición Oral xunto ao Proxecto Corgoral, co apoio da Área de Cultura da Deputación de Lugo e o Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO), e a colaboración do Concello do Corgo
Foto da actividade
Polafía O Corgo
Proxecto Corgoral
Memorias do Corgo

 

Biblioteca do Punto de Atención á Lectura (O Corgo).

Tivo lugar o sábado 24 de setembro a partir das 18:00 h. A entrada foi libre até completar capacidade.

 

Coas intervencións de:

- Marco A. García (Secretario do Concello do Corgo).

- Óscar G. Murado (Cura párroco do Corgo).

- Jesús Abuín (Cronista oficial e fillo predilecto do Concello).

- Roberto Besteiro (Grupo de música tradicional A Legua Dereita).

- Consuelo Vázquez (Asociación Cultural Arumes).

- Mario Outeiro (Centro de Estudos do Corgo).

- Lolo da Vila (Oleiro e ceramista artesán).

- Manuel Rodríguez (Asociación Os cinco ríos).

- Xosé Manuel Castro (Profesor do ensino secundario).

- Benedicta Sánchez (Actriz de cinema e Medalla Castelao).

- Antonio López (Último artesán do ferro en activo na Terra de Chamoso).

- Domingo Pérez Lidor (Xuíz de Paz).

- Lois Ladra (Coordenador do Proxecto Corgoral).

Antonio Reigosa (Coordinador da Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG).

 

Asistiron arredor de 40 persoas, entre elas Ánxela Gracián, que se animou a participar, e Ramón Caride. Interviron 13 persoas, representativas do asociacionismo veciñal e cultural do concello. Ademais, houbo poesía. Participaron artesáns, os últimos xa, do ferro e da olaría. Historia local, anecdotario variado, memoria de entroidos locais, coa participación de ilustres autoridades como o xuíz de paz, o cronista oficial ou o párroco de moitas parroquias do concello. Benedicta Sánchez leunos un poema de Curros, outro de Manuel María e recitou de memoria un romance que aprendera do seu pai sendo nena.