Esta iniciativa da AELG pretende dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos. Deste xeito, posibilítase que a cidadanía goce persoalmente dos espazos físicos na súa relación coa memoria literaria.
O presente roteiro, guiado por Carme Fernández Pérez-Sanjulián, xirará arredor da presenza de Ramón Otero Pedraio na Coruña.
Terá lugar o domingo 24 de maio, a partir das 12:00 horas, na cidade da Coruña. O punto de saída será na Praza de María Pita, diante da porta do Concello. A asistencia é gratuíta. Non é precisa inscrición previa.

