Unha iniciativa da AELG subvencionada pola Deputación da Coruña

Os Paseos literarios son unha iniciativa da AELG que pretende dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos. Deste xeito, posibilítase que a cidadanía poida gozar persoalmente dos espazos físicos na súa relación coa memoria literaria.

En 2023, a AELG continúa promovendo a elaboración textual de varios Paseos literarios que se desenvolveron anteriormente na provincia da Coruña, permitindo que todas aquelas persoas que non puideron estar presentes no paseo físico poidan acceder libremente ao traballo realizado polas autoras e autores.

Os Paseos recollidos neste desenvolvemento da iniciativa orixinal son os seguintes:

- Roteiro literario pola Coruña arredor de Francisco Fernández del Riego, de Ramón Nicolás.