Unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Servizo de Cultura da Deputación de Pontevedra

Chega unha nova edición dos Roteiros literarios pola provincia de Pontevedra. Salvo no de Silleda, xa están cubertas as prazas.

- Inscrición (obrigatoria): no correo electrónico roteiros.cultura@depo.gal
- Prazas limitadas: 25 persoas por cada roteiro.
- No correo indicarase o nome da roteiro, os nomes das persoas participantes (máximo 4 por reserva) e un número de teléfono de contacto.
- Será obrigatorio usar máscara.

 

Os roteiros son os seguintes:

- Vigo. 12 de setembro. Ernesto Is: Roteiro de dramaturxia en Vigo. De 11:30 a 13:00. Partida: Auditorio Municipal de Vigo.

- Moaña. 19 de setembro. Santiago CortegosoO ronco do carneiro. Historias de fuxidos polos montes de Domaio (Moaña). De 11:30 a 13:00. Partida: Campo de fútbol da Granxa de Domaio (necesitarase un vehículo particular en partes do roteiro).

- Salvaterra de Miño. 26 de setembro. Raquel Castro: Salvaterra de Miño: versos de auga e viño. De 11:30 a 13:00. Partida: Paseo Fluvial do Río Miño, ao carón do Parque da Canuda.

- Silleda. 3 de outubro. Ana Cabaleiro: Silleda. Memoria e ficción no relato rural. De 11:30 a 13:00. Partida: Entrada principal do recinto Semana Verde de Galicia.

- Pontevedra. 10 de outubro. Xosé Monteagudo: Vida cultural, política e social na Pontevedra de Todo canto fomos. De 11:30 a 13:00. Partida: Praza da Peregrina.

 

No desenvolvemento desta actividade aplicaranse os protocolos sanitarios vixentes en cada momento.