Con motivo do Día das Letras Galegas 2021 dedicado a Xela Arias, tiveron lugar dúas actividades no Concello de Barreiros.
10 de maio.
Obradoiros arredor da figura de Xela Arias Cada día a familia, impartidos por Andrea Barreira nos dous Centros de Educación Primaria de Barreiros. Dirixido unicamente ao estudantado destes centros.
17 de maio.
- Ás 18:00 h., no Centro Sociocultural de Barreiros (Rúa Veiga), tivo lugar a primeira edición de Versos na Baixamar, recital poético que contou coa participación dalgunhas das nosas mellores poetas e voces máis novas da Mariña: Olalla Cociña, Paula dos Anjos e o chairego Daniel Irimia, xunto ao coordinador da actividade, Lois Pérez.
O acto, no que se encheu a capacidade máxima do local, o que mostra o interese suscitado no público, foi retransmitido por streaming desde a páxina de Facebook do Concello de Barreiros.