Do 27 de abril de 2021 ao 31 de maio de 2021
Unha actividade da AELG, coa colaboración da Deputación da Coruña

Durante os meses de abril e maio, a AELG promove a organización de obradoiros literarios arredor da figura de Xela Arias en diferentes centros de ensino de Educación Primaria e Secundaria da provincia da Coruña.

En Educación Primaria son impartidos por Andrea Barreira, baixo o título de Cada día, a familia.

En ESO e Bacharelato levan por título Xela Arias e a revista literaria, a cargo de Dúas gamberras e un micro.

 

Tamén están dispoñíbeis para toda a cidadanía dous Proxectos Didácticos elaborados por Beatriz Maceda Abeleira:

- Xela Arias. A poesía como acción (Educación Primaria)

- Xela Arias. A poesía como acción (Educación Secundaria e Bacharelato)