30 de novembro de 2020
A AELG colabora con esta actividade da Universidade da Santiago ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística
Foto da actividade

Esta actividade enfocouse como continuación dos Cursos de Formación. Os camiños nas narrativas literarias e artísticas da Literatura Infantil e Xuvenil, que neste 2020, debido á situación derivada da pandemia pola Covid-19, non se puido levar a cabo no seu formato habitual.

Están orientadas á formación do futuro profesorado de Educación Infantil e Primaria, e a todo tipo de mediador, no seu quefacer profesional no marco de ámbitos básicos como son a formación artístico-literaria e a comprensión e expresión escrita e lectora.

O luns 30 de novembro, a partir das 16:30 horas, Carmen Ferreira Boo pronunciará a conferencia "Xogando coa Carapuchiña. Libro xogo e literatura en educación infantil", a través da Plataforma Lifesize (sala 8), no enderezo https://call.lifesizecloud.com/5291154

A conferencia será presentada por Blanca-Ana Roig Rechou.