18 de xuño de 2022
Co apoio do Concello da Estrada, CEDRO e Xunta de Galicia
Foto da actividade

A Homenaxe O/A Escritor/a na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chegou este ano á súa XXVIII edición, recaendo, por decisión unánime da súa Asemblea de Socios e Socias, na figura de Xosé Manuel Martínez Oca, que foi homenaxeado na Estrada o 18 de xuño de 2022.

Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de máis de dúas décadas como unha celebración na que a terra de acollida do/a homenaxeado/a ten unha presenza fundamental. É vontade da AELG honrar escritores/as procurando o contacto directo co/a autor/a e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.

Unha celebración múltiple e popular en que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritor (unha peza escultórica a cargo de Soledad Penalta), a plantación da árbore simbólica elixida polo propio autor (un bidueiro) e a colocación dun monólito conmemorativo.

 

 

PROGRAMA PREVISTO DE ACTOS

 

11:30 h. Casa das Letras (Avenida Benito Vigo, 60)
Descubrimento do monólito conmemorativo e plantación da árbore escollida polo autor.
Interviron:
Juan Constenla, Tenente de Alcalde do Concello da Estrada.
Cesáreo Sánchez, Presidente da AELG.
Xosé Manuel Martínez Oca.

 

12:30 h. Teatro Principal (Rúa Serafín Pazo)
Acto de entrega da “Letra E”
Interviron:
Juan Constenla, Tenente de Alcalde do Concello da Estrada.
Cesáreo Sánchez, Presidente da AELG.
Laudatio do autor, por Carlos Loureiro Rodríguez.
Entrega da peza escultórica, elaborada por Soledad Penalta.
Intervención do homenaxeado, Xosé Manuel Martínez Oca: Resposta á laudatio.

 

14:30 Samaná Restaurante, na Estrada (Rúa Gradín, 45)
Xantar de confraternidade posterior.

 

 
Pode descargarse aquí o programa da Homenaxe.
 

ANTERIORES MERECEDORES/AS DESTE GALARDÓN

 

I Edición: ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS

1995 • Boa, Taramancos

 

II Edición: BERNARDINO GRAÑA

1996 • Cangas do Morrazo

 

III Edición: MANUEL MARÍA

1997 • Outeiro de Rei

 

IV Edición: MARÍA XOSÉ QUEIZÁN

1998 • Vigo

 

V Edición: XOSÉ NEIRA VILAS

1999 • Gres, Vila de Cruces

 

VI Edición: UXÍO NOVONEYRA (póstumo)

2000 • Parada do Courel

 

VII Edición: LUZ POZO GARZA

2001 • Ribadeo

 

VIII Edición: XOSÉ CHAO REGO

2002 • Vilalba

 

IX Edición: XOSÉ FERNÁNDEZ FERREIRO

2003 • Nogueira de Ramuín

 

X Edición: SALVADOR GARCÍA-BODAÑO

ZUNZUNEGUI

2004 • Teis, Vigo

 

XI Edición: PURA E DORA VÁZQUEZ

2005 • Ourense

 

XII Edición: MARÍA DO CARME KRUCKENBERG

2006 • Vigo

 

XIII Edición: MANUEL LOURENZO

2007 • O Valadouro

 

XIV Edición: XOSÉ VÁZQUEZ PINTOR

2008 • Melide

 

XV Edición: AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

2009 • Vilalba

 

XVI Edición: MARILAR ALEIXANDRE

2010 • Santiago de Compostela

 

XVII Edición: PACO MARTÍN

2011 • Lugo

 

XVIII Edición: XAVIER RODRÍGUEZ BAIXERAS

2012 • Ribadeo

 

XIX Edición: MARICA CAMPO

2013 • O Incio

 

XX Edición: XABIER P. DOCAMPO

2014 • Castro Ribeiras de Lea

 

XXI Edición: XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ CÁCCAMO

2015 • Vilaboa

 

XXII Edición: HELENA VILLAR JANEIRO

2016 • Rianxo

 

XXIII Edición: MARÍA PILAR GARCÍA NEGRO

2017 • Lugo

 

XXIV Edición: NACHO TAIBO

2018 • Oleiros

 

XXV Edición: PILAR PALLARÉS

2019 • A Coruña

 

XXVI Edición: VÍTOR VAQUEIRO

2020 • Santiago de Compostela

 

XXVII Edición: CONCHA BLANCO

2021 • Cee