21 de outubro de 2022
Co apoio da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo
Foto da actividade

A Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG, previa deliberación do Grupo de Traballo composto por Ana AcuñaFélix Castro Vicente, Carme Pernas Bermúdez, Calros SollaXurxo Souto, X. Manuel Varela, Lois Pérez e Antonio Reigosa, propuxo ao Consello Directivo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega recoñecer como Mestras e Mestre da Memoria 2022 respectivamente a Malvela e Faustino Luis Seoane, polas súas achegas á mesma ao longo das súas vidas, contribuíndo así a manter viva unha parte fundamental da nosa memoria colectiva e o saber popular..

As distincións entregaranse no marco da VII Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria a celebrar en Lugo, co apoio do Concello de Lugo, o 21 de outubro.

O acto terá lugar no Centro Cultural Vello Cárcere de Lugo (Praza da Constitución, s/n) a partir das 18:00 horas.

No acto, conducido por Antonio Reigosa e Lois Pérez, participaron Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, Félix Castro Vicente, quen fixo a laudatio de Faustino Luis Seoane, e Dorinda Castro, quen leu a laudatio de Malvela.

 

Faladoiros

 

Mestras da Memoria 2022: Malvela

Autoría: Alba Díaz

Grupo de folk galego interxeracional, creado por Uxía en Sanguiñeda (Mos). Está integrado por 11 cantadeiras (Silvina, Fita, Carmiña, Lina, Aurita, Teresa, Paz, Paca, Carmen,  Chola e Maruja) acompañadas por 5 músicos: Sabela Dacal(acordeón e voz), Antonio Prieto(gaita, frauta e voz), Javier (bombo percusión tradicional e voz), Anxo Pardo (tambor, percusión tradicional e voz) e Ana Senlle (dirección vocal, voz e pandeireta).

 

Mestre da Memoria 2021: Faustino Luis Seoane

– O gaiteiro do Canizo – A Gudiña, Faustino Luis Seoane, ten actualmente 98 anos, e é memoria viva dos gaiteiros da súa xeración. Faustino foi gravado no ano 1952 polo musicólogo americano Alan Lomax.

https://blog.tvalacarta.info/video/tvg/alala/faustino-luis-seoane-24-06-2010-2205/

Faustino Luis Seoane, gaiteiro do Canizo-Gudiña Alalá-TVG

 

 

Faladoiros

 

FALADOIROS DA MEMORIA 2022 

Cara a onde vas, Entroido?

O acto celébrase no marco da VII Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria a celebrar en Lugo, co apoio do Concello de Lugo e a colaboración da Deputación de Lugo, o xoves 20 de outubro ás 19:00 h.

Salón de actos da Deputación de Lugo (Rúa San Marcos, 8).

 

Coa participación de:

Inma Alonso Rodríguez

Xosé Manuel Seixas

Miguel Losada

 

Branca Villares - Peche Musical

 

Modera: Antonio Reigosa

Presenta: Lois Pérez