Fundada formalmente en 2008, e con precedentes de encontros anuais históricos celebrados desde 1984, a Federación Galeusca está formada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), a Euskal Idazleen Elkartea (EIE) e a Associació d’Escriptors en Llengua Catalana (AELC). Representa 2800 autoras e autores, tanto escritoras/es como tradutoras/es.
Neste espazo de diálogo póñense en común perspectivas sobre a creación escrita nos nosos tres sistemas literarios recuperando e ampliando, deste xeito, os vínculos e as reflexións conxuntas levadas a cabo en anteriores encontros, centrándose, neste caso, en aspectos como o impacto da Intelixencia Artificial desde a perspectiva das linguas e literaturas minorizadas ou a literatura de tradición oral.
Terá lugar o 20 de setembro de 2025 en Santiago de Compostela.
O programa previsto é o seguinte:
Venres, sexta feira, 19 de setembro de 2025
- Pola tarde. Chegada das persoas participantes a Santiago de Compostela.
- 19:15 h. Recepción na Alcaldía de Santiago, por Goretti Sanmartín.
- 21:00 h. Roteiro por Compostela, guiado por Daniel Asorey.
Sábado, 20 de setembro de 2025
Museo do Pobo Galego (Google Maps) Pola mañá.
- 11:05 h. Apertura por representantes das tres asociacións.
- 11:20 h. Relatorio inaugural sobre a traxectoria de Galeusca a cargo de Goizalde Landabaso, acompañada por Sebastià Portell (presidente da AELC) e Cesáreo Sánchez Iglesias (presidente da AELG).
- 11:40 h. Acto aberto de reflexión sobre Galeusca con representantes das tres entidades, moderado por Marta Dacosta.
- 12:45 h. Diálogo sobre Intelixencia Artificial desde a perspectiva das linguas e literaturas minorizadas, con Rubén Cela, Ania González Castiñeira e Sebastià Portell.
Museo do Pobo Galego. Pola tarde.
- De 16:30 a 17:30 h. Mesa redonda sobre literatura de tradición oral, coordinada por Antonio Reigosa. Con Oihana Arana e Amaia Elizagoien (Euskadi), Joan Borja (Països Catalans), Alba María (Galiza) e Rita Sineiro (Portugal).
- De 17:30 a 17:50 h. Lectura pública das conclusións do Galeusca 2025, por parte das tres asociacións.
Igrexa de San Domingos de Bonaval.
- 18:00 h. Lectura da Declaración de Compostela-Bonaval.
- De 18:30 a 20:00 h. Acto de clausura coordinado por Lois Pérez, con improvisación entre regueifeiras (Alba María e Lupe Blanco), bertsolariak (Oihana Arana e Amaia Elizagoien) e glosadors (Miquel Àngel Adrover e Berta Llos). Peche musical con Ugia Pedreira.