Do 20 de setembro de 2025 ao 13 de decembro de 2025
Unha iniciativa da Escola de Escritoras-es da AELG, actividade subvencionada pola Deputación da Coruña, coa colaboración da Libraría Bandini de Bertamiráns
Foto da actividade

Non se trata de establecer coartadas sobre as motivacións variables da escrita, senón de arrodear o espazo en que o poema se impón ao establecido e logra que a linguaxe sucumba, saia fóra de si mesma e mereza a pena como experiencia, en forma de irradiación ou asombro.

Non se trata tampouco de entender a poesía, senón de aceptar que o poema, en canto forma de apalpamento, nos guíe a través do escuro e nos diga: velaquí o fulgor, o lugar onde acontece a incandescencia da miniatura sobre un fondo en branco.

Non se trata de saber escribir, senón de deixar de pensar que sabemos para que algo inesperado aconteza.

A cegueira intrépida (achegamentos ao texto poético)

A cargo de Carlos Negro e cunha sesión especial con Tamara Andrés.

 

Terá lugar na Libraría Bandini, en Bertamiráns (Ames) (Avenida da Peregrina, 3).

Hai 15 prazas para persoas maiores de 16 anos. A inscrición, gratuíta, pode realizarse, indicando nome e apelidos, xunto ao nome do obradoiro, no correo electrónico oficina@aelg.org. As solicitudes atenderanse por orde cronolóxica de chegada.

Calendario e horarios

- Sábados 20 e 27 de setembro; 4, 18, e 25 de outubro; 8, 15, 22 e 29 de novembro; e 13 de decembro de 2025, de 11:00 a 13:00 h.

 
 
 
 

Información sobre protección de datos
A responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.