Trátase de recoñecer as pegadas da nosa tradición oral na literatura, pero tamén de identificar os xogos, estruturas, recursos e tipos que empregamos ás veces nos relatos, poemas, cantigas ou pezas de teatro coas que transmitimos unha maneira de sentir e de compartir o mundo que nos rodea.
Trátase de experimentar a liberdade desa xustiza poética que equilibra na ficción o que na realidade se desaxusta.
Trátase de construir imaxinarios grazas ao poder de suxestión das palabras, e de propoñer posibilidades.
Trátase en fin, de camiñar da oralidade á escrita e da escrita á oralidade, indo e volvendo, traendo, levando.
- Será impartido por Paula Carballeira.
- 15 prazas dispoñíbeis para persoas maiores de 18 anos. A inscrición, gratuíta, pode facerse enviando un correo electrónico indicando o nome e apelidos ao correo electrónico oficina@aelg.org.
- O obradoiro desenvolverase na Aula da Escola de Escritoras-es da AELG (Seminario 7), no Pazo da Cultura de Pontevedra (Rúa Alexandre Bóveda, s/n).
Calendario
- Días: Venres 3, sábado 4, venres 10 e sábado 25 de outubro; venres 7, sábado 8 e sábado 22 de novembro de 2025.
- Horarios:
Venres: de 17:00 a 20:00 h.
Sábados: de 10:00 a 13:00 h.
Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.