Do 17 de febreiro de 2024 ao 25 de maio de 2024
Unha iniciativa da Escola de Escritoræs da AELG, co patrocinio e colaboración do Concello de Santiago de Compostela
Foto da actividade

O teatro dialoga coa prosa e, por suposto, coa poesía, porque hai poesía na novela e narración, ás veces, no drama. Neste obradoiro achegarémonos aos diferentes xéneros, creando textos, xogando, e descubrindo as posibilidades da escrita. Probaremos a esvaecer as fronteiras entre eles, a propoñer diferentes formas para as ideas que queiramos transmitir, a recoñecer as nosas habilidades na artesanía da linguaxe. E, sobre todo, divertirémonos en serio.

 

 

  • Tivo 12 sesións de 2 horas cada unha.
  • Houbo un total de 15 prazas para persoas maiores de 18 anos. A inscrición, gratuíta, fíxose, mediante o envío dun correo electrónico a oficina@aelg.org indicando o nome, apelidos e o nome do obradoiro.
  • O obradoiro desenvolveuse no Espazo Apego (Rúa República do Salvador, 12, entresollado), en Santiago de Compostela.

 

Calendario

- Días: sábados 17 e 24 de febreiro; 9, 16 e 23 de marzo; 6, 13, 20 e 27 de abril; e 4, 11 e 25 de maio de 2024.
- Horarios: de 11:00 a 13:00 h.
 
 
 
 

Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.