Cando unha se dedica á escrita, coma á xardinaría, non serve só con saber a teoría ou posuír os útiles adecuados para arremangarse e poñerse ao choio. Primeiro de nada deberemos saber en que medio nos atopamos máis cómodas para logo ir artellando cada un dos latexos e enxertar novas variantes.
Neste obradoiro atoparemos latexos diversos, sementaremos microrrelato, poesía e relato e logo iremos vendo que é o que agroma en cadaquén.
Manual de latexo e enxerto
A cargo de Patricia Torrado Queiruga e cunha sesión especial con Andrea Fernández Maneiro.
Tivo lugar no Centro Social Oleiros, de Ribeira (Lugar Eirexa, 5, Oleiros, Ribeira).
Hai 20 prazas para persoas maiores de 16 anos. A inscrición, gratuíta, pode realizarse, indicando nome e apelidos, no correo electrónico oficina@aelg.org.
Calendario e horarios
Información sobre protección de datos
A responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.