O pasado 23 de xuño tivo lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra a entrega de premios do IX Certame de Relato curto, que conta coa colaboración da AELG, quen se comprometeu a ofrecer un obradoiro da súa Escola de Escritoras e Escritores ás persoas autoras dos mellores textos de cada categoría (primaria, secundaria, bacharelato e adultos).

Os días 29 e 30 de xuño, na aula da Escola de Escritoras/es da AELG no Pazo da Cultura, Iria Collazo exerceu de guía literaria para que estas persoas afonden na súa vocación literaria.