Do 17 de setembro de 2022 ao 19 de novembro de 2022
Unha iniciativa da Escola de Escritoræs da AELG, co patrocinio e colaboración do Concello de Santiago de Compostela
Foto da actividade

O sistema literario galego é un metaverso de múltiples relacións literarias complexas. Este obradoiro pretende mostrar un abano amplo de espazos nos que intervir desde a literatura, recoller a experiencia en voz de muller e crear referentes femininos para a construción de personaxes na voz das mulleres protagonistas, en primeira persoa.

 

 

  • Terá 9 sesións de tres horas.
  • Hai 20 prazas dispoñíbeis, para persoas maiores de 18 anos.
  • A inscrición, gratuíta e obrigatoria, farase en oficina@aelg.org

 

Calendario

- Días: sábados 17 e 24 de setembro; 1, 8, 15 e 22 de outubro; e 5, 12 e 19 de novembro.
- Horarios: de 10:30 a 13:30 h.
 
 
 

Información sobre protección de datos
Información sobre protección de datos A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.