Do 1 de outubro de 2022 ao 12 de novembro de 2022
Unha iniciativa da Escola de Escritoras-es da AELG, coa colaboración da Fundación Curros Enríquez e o patrocinio da Xunta de Galicia.
Foto da actividade

O obradoiro terá lugar en Celanova.

Facer poesía en Celanova
A cargo de Xoán Carlos Domínguez Alberte e cunha sesión especial de Baldo Ramos.

 

 

Terá lugar na Casa dos Poetas de Celanova (Rúa Curros Enríquez, 37).

20 prazas, gratuítas, para maiores de 18 anos, que se adxudicarán por orde de solicitude.

A inscrición, gratuíta, pode realizarse no correo electrónico oficina@aelg.org

Calendario e horarios

- Sábados 1, 8, 15, 22 e 29 de outubro; e 5 de novembro de 2022, de 10:00 a 13:00 h.
- Sábado 12 de novembro de 2022, de 10:00 a 12:00 h.
 
 
 

Información sobre protección de datos
A responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.