Do 16 de outubro de 2021 ao 18 de decembro de 2021
Unha iniciativa da Escola de Escritoras-es da AELG, actividade subvencionada pola Deputación da Coruña e a colaboración do Concello de Oleiros
Foto da actividade
De todo se pode facer unha historia. Non fai falla ter a idea máis asombrosa, nin as palabras máis belas, nin a inspiración na punta dos dedos. O cotián como base, as gañas de contar como seguinte paso. Neste obradoiro poderás iniciarte tanto na escrita do relato e microrrelato como no difícil camiño que é a procura da imaxinación. Os mesmos sucesos poden ter mil e unha olladas diferentes. Imos atopar a túa.
Creador@s do mundo que apañamos
Impartido por Antía Yáñez, e cunha sesión maxistral a cargo de Anna R. Figueiredo.

 

Oito sesións de 2 horas e media cada unha, en horario de 11:00 a 13:30, que se celebrarán os sábados:

  • 16 e 23 de outubro.
  • 6, 13, 20 e 27 de novembro.
  • 11 e 18 de decembro.

Terá lugar no Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo (Rúa Regos, 24, C. P. 15173. Urbanización Os Regos-Oleiros).

20 prazas, gratuítas, para maiores de 18 anos, que se adxudicarán por orde de solicitude.

A inscrición, gratuíta, pode realizarse no correo electrónico oficina@aelg.org

 

 

No desenvolvemento desta actividade aplicaranse os protocolos sanitarios vixentes en cada momento.

 


O obradoiro enmárcase na Escola de Escritoras e Escritores da AELG, iniciativa que centra os seus esforzos en impartir, por concellos de todo o país, obradoiros con formatos e destinatarios diversos, nos que se abordan diferentes xéneros literarios e contidos. Trátase dunha iniciativa que, cos autores/as como guías, ten o obxectivo de transmitir a experiencia apaixonante do acto creador, tentando concienciar á sociedade do imprescindíbel que é a estimulación creativa na escrita e o seu papel complementario na formación do individuo. O proxecto aposta por ofrecer á mocidade un sistema lingüístico, literario e cultural propio no que asentar as súas raíces.

 

Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.