Do 5 de setembro de 2020 ao 7 de novembro de 2020
Unha iniciativa da Escola de Escritoras-es da AELG, coa colaboración do Concello de Cee e o patrocinio da Deputación da Coruña
Foto da actividade
É difícil gardar intacta a capacidade de sorprenderse, que esvaece co paso do tempo. Recuperala é un dos obxectivos da literatura: volver crer. Quizais para iso debemos botar a mirada atrás, dirixir os ollos (e a mente) cara ao comezo. Renacer nun berce de letras.
Ás de papel
Impartido por María Canosa, e cunha sesión maxistral a cargo de Concha Blanco.

 

6 sesións de 3 horas cada unha, en horario de 10:00 a 13:00, que se celebrarán os sábados:

  • 5, 12 e 26 de setembro
  • 3, 17 e 24 de outubro.

1 sesión final de 2 horas, en horario de 11:00 a 13:00, que se celebrará o sábado:

  • 7 de novembro

 

Terá lugar na Sala de Conferencias da Casa da Cultura de Cee (Paseo Alcalde Pepe Sánchez, 9)

20 prazas, gratuítas, para maiores de 18 anos, que se adxudicarán por orde de solicitude.

A inscrición, gratuíta, pode realizarse, até o 3 de setembro de 2020, no correo electrónico oficina@aelg.org

 

 

No desenvolvemento desta actividade aplicaranse os protocolos sanitarios vixentes en cada momento.

 


O obradoiro enmárcase na Escola de Escritoras e Escritores da AELG, iniciativa que centra os seus esforzos en impartir, por concellos de todo o país, obradoiros con formatos e destinatarios diversos, nos que se abordan diferentes xéneros literarios e contidos. Trátase dunha iniciativa que, cos autores/as como guías, ten o obxectivo de transmitir a experiencia apaixonante do acto creador, tentando concienciar á sociedade do imprescindíbel que é a estimulación creativa na escrita e o seu papel complementario na formación do individuo. O proxecto aposta por ofrecer á mocidade un sistema lingüístico, literario e cultural propio no que asentar as súas raíces.

 

Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.