Do 5 de setembro de 2011 ao 8 de setembro de 2011
A Aelg colabora, mediante o patrocinio da Secretaría xeral de Política Lingüística, coa Universidade de Santiago neste curso de postgrao.
Foto da actividade

 O presente curso ten como finalidade formar e informar o alumnado participante dunha temática, as Literaturas Infantís e Xuvenís dos ámbitos lingüísticos ibéricos, xeralmente excluída dos planos de estudo das licenciaturas e diplomaturas e, con todo, dunha transcendencia fundamental en ámbitos básicos como a formación lectora e a expresión escrita no mundo das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC). Tenta analizar estas literaturas dende un enfoque comparativo para dar a coñecer que axentes literarios se presentan máis débiles en cada ámbito lingüístico. Nesta edición, o tema específico a tratar é “O ÁLBUM INFANTIL”.

 

Vexa aquí toda a información (preinscrición, matrícula e programa)