Do 6 de setembro de 2010 ao 8 de setembro de 2010
A Aelg colabora, mediante o patrocinio da Secretaría xeral de Política Lingüística, coa Universidade de Santiago neste curso de postgrao. Os Socios/as da Aelg contan con desconto na matrícula.
Foto da actividade

VII Curso de formación continua: As literaturas infantís e xuvenís ibéricas. A súa influencia na formación lectora.

"Reescrituras actuais do conto popular. Século XXI"
 
O presente curso ten como finalidade formar e informar o alumnado participante dunha temática, as Literaturas Infantís e Xuvenís dos ámbitos lingüísticos ibéricos, xeralmente excluída dos planos de estudo das licenciaturas e diplomaturas e, con todo, dunha transcendencia fundamental en ámbitos básicos como a formación lectora e a expresión escrita no mundo das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC). Tenta analizar estas literaturas dende un enfoque comparativo para dar a coñecer que axentes literarios se presentan máis débiles en cada ámbito lingüístico. Nesta edición, o tema específico a tratar é "REESCRITURAS ACTUAIS DO CONTO POPULAR SÉCULO XXI".