A AELG colabora con esta actividade co apoio de CEDRO e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo

Na Casa Delas é un proxecto musical e literario, consistente na gravación nun lugar relevante vinculado a unha escritora relevante da provincia de Lugo dunha canción sobre un poema do mesmo, xunto a un texto que versa sobre a vida desas autoras homenaxeadas, elaborado por un/ha escritor/a especializado/a na súa obra. Este/a escritor/a sinalou tamén aqueles espazos ou lugares relacionados coa autora homenaxeada, que se filmaron para acompañar o mencionado texto (as gravacións foron feitas por Arturo Vaquero).

Este proxecto é unha continuación do xa realizado en 2023, Na Casa Deles.

Os nomes das autoras homenaxeadas nesta edición son: Xela Arias, Marica Campo, Olalla CociñaMaría Mariño, Olga Novo e Luz Pozo Garza.

Desde a AELG coordinouse a actividade cos/coas escritores/as especializadas/os nas súas obras, que foron as/os seguintes:

Fran Alonso, sobre Xela Arias.
Pilar García Negro, sobre Marica Campo.
Jesús Castro Yáñez, sobre Olalla Cociña.
Branca Novoneyra, sobre María Mariño.
Xurxo Ayán, sobre Olga Novo.
Olivia Rodríguez, sobre Luz Pozo Garza.

Os vídeos foron realizados por Manuel Lucas.

Os resultados das gravacións danse a coñecer publicamente en diversas poboacións da provincia de Lugo onde estiveron vinculados as autoras homenaxeadas: