Do 7 de outubro de 2020 ao 4 de novembro de 2020
A AELG colabora con esta actividade ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística
Foto da actividade

O Ciclo está coordinado por Isabel Mociño (Facultade de Educación e Traballo Social, Campus de Ourense - Universidade de Vigo).

Desenvolverase os mércores 7, 14, 21 e 28 de outubro e o 4 de novembro, sempre ás 18:00. Dado o amplo interese suscitado, as conferencias serán retransmitidas a través do campus remoto da Universidade de Vigo e posteriormente publicadas na páxina web da tvUvigo, como se vén facendo desde a primeira edición do Ciclo. As persoas que se inscriban recibirán as indicacións para poder conectarse a cada unha das charlas en liña.
 

A inscrición, de balde, debe facerse aquí.

Recoñecemento de 15 horas de créditos de libre elección (en proceso).

 

O programa, que tamén pode ser descargado nesta ligazón, é o seguinte:

 

7 de outubro

Fina Casalderrey

Fórmula máxica para derrubar valos

 

14 de outubro

An Alfaya

Desbotando tabús. Ler: eu imaxino, viaxo, soño, emociónome, penso, sinto e vivo. E ti?

 

21 de outubro

Xavier Estévez

Escrito na marxe

 

28 de outubro

María Canosa

LIX tamén é Lanzadeira de Ideais Xustos

 

4 de novembro

Marcos Viso

O equilibro poliédrico ou a arte de escribir con imaxes